O Rio Natura Monbus presenta a primeira camiseta retro `Tonecho Limited Edition 14´

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación da camiseta

Presentación da camiseta

O director xeral do Rio Natura Monbus, José Luís Mateo, acompañado por Pablo García, director de mercadotecnia de Enfíos, Membro do Club de Empresas Obradoiro e responsable do merchandising do club, presentaron esta mesma mañá no Hotel Monumento San Francisco a primeira camiseta retro da historia do Rio Natura Monbus. No acto estiveron acompañados polo veterano ex xogador Tonecho Lorenzo, que  actuou como modelo de excepción, e polo técnico do primeiro equipo Moncho Fernández.

“En setembro, na presentación do uniforme de Vive e das novas pezas oficiais, xa nos emprazamos para este día, no que o noso socio Enfíos, membro do Club de Empresas Obradoiro tráenos este primeiro produto da Colección Lendas Obradoiro, que non é outro que unha camiseta setenteira co mellor modelo posible, Tonecho Lorenzo, que xa vestiu e suou o modelo orixinal”, declarou Mateo durante a presentación. Ademais de agradecer ao histórico ex xogador por seguir unido ás actividades do equipo, o directivo sinalou que “estas accións e iniciativas recoñecen a historia do club e continúan os valores que fixeron grande ao Rio Natura Monbus e que tratamos de perpetuar cada día”.

Pola súa banda, Pablo García quixo destacar que a primeira peza desta colección “Tonecho Limited Edition 14” xa estará dispoñible este domingo na Miudiño Store instalada no hall do Multiusos Fontes do Sar para o partido contra o Real Madrid, e o seu prezo será de 33 euros. Tamén aproveitou para agradecer a coordinación do club no proceso e a colaboración no deseño final do afeccionado Jacobo Rei.

O exjugador Tonecho Lorenzo tras pousar coa elástica que visitou no seu día co número catorce nunha iniciativa denominada ‘Tonecho Limited Edition’, e que vai etiquetada coa ‘Colección Lendas Obradoiro’, que representa o espírito obradoirista, tampouco deixou pasar a oportunidade de resaltar que, a pesar de ser el o modelo elixido nesta ocasión, a camiseta representa a “unha xeración enteira de veteranos do Obradoiro que crearon escola e que aos poucos se van coñecendo na actualidade”.

7 de marzo de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.