O Rio Natura Monbus chega a un acordo para incorporar até final de tempada a Travis Peterson

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

A á – pivote de 2,08 metros e 28 anos procede do BK Hoverla, club no que xogou esta tempada, promediando uns números de 14 puntos e 6 rebotes en por encontro na liga Ucraína.

Peterson formouse na NCAA, na Universidade de Samford. De aí, no seu primeiro ano rookie, voou a Europa, onde desenvolveu a súa carreira profesional: comezou no Rilski Sportist de Bulgaria (2008-2010), onde se proclamaría campión da Balkan League no 2009. Posteriormente se incorporá ao Lukoil Academic (2010-2011), onde foi campión de liga e copa búlgara, tendo un papel destacado no equipo.

Na 2011-2012 enrolouse nas filas do BK Prostejov da liga Checa, chegando a alcanzar o subcampeonato de liga. Actualmente e até a súa saída de Ucraína, xogaba no BK Hoverla

“Travis Peterson é un catro que entende o xogo e, entre outras virtudes, ten unha gran capacidade de pasar o balón. Vén con boas referencias, axudaranos. O equipo terá que adaptarse a substituír a un cinco por un catro, pero o noso cadro técnico ha demostrado capacidade para iso. De entre o noso limitado espectro de mercado, estamos contentos con poder incorporar a Travis, ao que lle chega un importante desafío: xogar nunha liga de primeiro nivel subíndose a un tren en marcha, o que lle esixirá un esforzo adicional que polo interese que demostrou en incorporarse ao noso proxecto estamos seguros de que está disposto a realizar”, declarou o director xeral do club, Jose Luís Mateo.

O xogador, que chegará mañá a Santiago, será presentado aos medios de comunicación o vindeiro martes, 11 de marzo, en horario e lugar aínda por confirmar.

9 de marzo de 2014 | 22:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.