O rexedor de Sarria cualifica de “radical e violenta” a postura dos desaloxados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSarria
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Sarria (Lugo), o popular José Antonio García, cualificou este martes de “radical” e “violenta” a postura da vintena de veciños que permanecían acampados na zona do Malecón, na illa do Toleiro, desde hai un mes para protestar contra o plan de encanamento do río Sarria.

“Esta minoría pretende imporse de forma radical e violenta sobre a maioría”, sostivo o rexedor, en alusión aos veciños que leste mesmo martes foron desaloxados pola Garda Civil de Lugo.

“Hai unha intolerancia por parte deste grupo reducido contra un plan demandado desde hai anos polos veciños”, incidiu o primeiro edil de Sarria, quen criticou que os desaloxados se desprazasen até o Consistorio para proferir insultos.

Acerca das modificacións no proxecto que asumiu a Confederación Hidrográfica Miño-Sil das propostas da Plataforma polo Río, García aseverou que se porán en marcha de forma “inmediata”. Entre elas, destacou a redución da talla de 180 árbores a menos dunha decena, o que supón “unha mellora ambiental tremenda”.

25 de marzo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.