O rexedor de Cangas supervisa as actuacións municipais na zona de Nerga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo visitou a zona de Nerga para supervisar as actuacións que se están  levando a cabo nesta zona da parroquia de O Hío por persoal municipal. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Obras e Servizos Bernardino Faro Lagoa e a aparelladora municipal que foron recibidos por membros da Asociación de veciños de Nerga cos cales visitou as distintas actuacións emprendidas polo goberno local.

Actualmente o Concello de Cangas esta traballando na reparación dunha escaleira de pedra, na reparación da cuberta do lavadoiro situado na rúa Xoán Piñeiro e unha fonte municipal na cal aínda falta colocar as tubarias para conectala ao manancial. Por outra banda tamén visitou a Garita na cal se estiveron realizando traballos de limpeza de maleza e retirada de terra e de escombros. O goberno local ten a intención de que o inmoble, agora en estado ruinoso, sexa nun futuro un espacio para uso dos veciños e veciñas da zona.

As actuación que se están levando a cabo no lavadoiro consisten na limpeza dos elementos que o conforman, (pavimentos, estructuras, cuberta, paramentos laterais e de cerramento) e a limpeza de vexetación nas inmediacións do deposito, coa finalidade de revalorizar este elemento municipal.

En canto á fonte do Cañizo a actuación plantexada pretende dar solución ás continuas obstruccións que padece a fonte ao longo do ano a causa da maleza acumulada na parte traseira. Para combater este problema renovarase renovarase  a  instalación coa utilización de pedra do pais para os novos paramentos, modificando levemente o emprazamento permitindo gañar superficie e mellorar a seguridade vial.  

Próximas actuacións

O goberno local tamén ten previstas acometer proximamente actuacións de pavimentado nas rúas Bouza Vella, Lapiña, Xoan Piñeiro e Garita. Estas actuacións suporán un investimento de 61.965,33 euros, sendo a maior parte  financiado a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural por valor de 51.211,02 euros, facéndose cargo o Concello da parte corresponde ao IVE.

12 de marzo de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.