O proxecto solidario ‘Vidas Entrecruzadas’ expón unha nova peza no Museo Municipal de Ourense
Esta mañá presentouse unha nova obra do proxecto Vidas Entrecruzadas, que ao longo deste 2014 exporá obras artísticas acompañadas de textos na Sala Fondos do Museo Municipal. A idea parte dos artistas Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal, que elaboraron esta singular exposición. Posteriormente cada obra se subastará e a recadación acadada irá para a organización Médicos sen Fronteiras.
Esta terceira obra, trátase dunha pintura denominada Oates Land, con técnica acrílico e óleo sobre táboa (50 x 110 cm).
Cúmprense cen anos da malograda expedición Terra Nova, pola conquista do Polo Sur liderada polo británico Scott e o seu cruzamento coa exitosa expedición norueguesa de Amundsen. A pintura relátanos unha terra baldía, fría e sen concesións explorando os límites físicos e morais do ser humano para rematar co tráxico sacrificio dun dos seus expedicionarios. Ademáis dos artistas, na presentación estiveron concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora de espazos expositivos, Eva Torres.











