O profesor do IESE Business School, Juan José Toribio, informará sobre as perspectivas económicas para os próximos meses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O IESE Business School, a Escola de Dirección de Empresas da Universidade de Navarra, celebrará o vindeiro mércores, 12 de marzo, a partir das 19:00 horas, no Colexio Maior a Estila de Santiago de Compostela (Avda. de Coimbra, 1), a conferencia “Economía: as perspectivas desta primavera”, impartida por Juan José Toribio, referente mundial en análise económica e profesor emérito do IESE. Este acto enmárcase no Programa de Continuidade 2013-2014 da Agrupación de Membros desta entidade educativa.

Durante a conferencia, realizarase unha reflexión sobre as perspectivas para a economía global nos próximos meses, debaterase sobre as tendencias e factores decisivos para a conxuntura española e mundial, e analizaranse as distintas pautas de actuación que deberán afrontar as autoridades económicas durante este ano.

Juan José Toribio é actualmente profesor emérito de Economía do IESE, presidente do CIF (Centro Internacional de Investigación Financeira) desta Escola de Dirección de Empresas, e asesor externo da Asociación Española da Banca (AEB). Doutor en Economía pola pola Universidade de Chicago, e graduado en International Teachers Program por Harvard Business School; foi director executivo do Fondo Monetario Internacional e director de Política Financeira do Ministerio de Economía, ademais de directivo en diversas entidades financeiras.

Sobre o IESE

O IESE, a Escola de Dirección de Empresas da Universidade de Navarra, é un do dez centros máis prestixiosos do mundo deste campo educativo, sendo pioneira na formación executiva en Europa desde a súa fundación en 1958 en Barcelona. Posúe campus en Madrid e en Barcelona, un centro en Nova York e oficinas en Múnic e São Paulo. Organiza e dirixe programas en catro continentes.

En Galicia, o IESE conta con preto de 500 antigos alumnos, e imparte un Programa de Desenvolvemento Directivo -PDD- anualmente en Santiago de Compostela. A edición de 2014 celebrarase entre os meses de maio e decembro.

10 de marzo de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.