publicidade hoxe

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro falará sobre viño, mozos e música na presentación do enoFestival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

Mañá preséntase oficialmente o enoFestival 2014, coa asistencia do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez. Galicia é unha das protagonistas da próxima edición do enoFestival grazas aos viños da D.O. Ribeiro que, baixo o lema Ribeiro sabe a Música, presentará os seus produtos mentres os asistentes bailan ao ritmo de, entre outros, o grupo galego Disco las Palmeras!

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso, explicará aos asistentes que é o Ribeiro e a súa historia, xa que é a primeira Denominación de Orixe de Galicia e unha das primeiras de España. Así mesmo os seus viños son internacionalmente recoñecidos, valorados con puntuacións excepcionais por Robert Parker, no Concurso Mundial de Bruselas, no Decanter, no Mundus Vini, entre outros. Todo isto se debe principalmente á diferenciación dos nosos viños polo seu carácter nacido do coupage de variedades autóctonas, nas que sempre reina a Treixadura, acompañada de outras como Albariño, Godello, Loureira, Lado… buscando sempre o equilibrio nos viños.

O C.R.D.O. Ribeiro e as súas adegas decidiron acudir ao enoFestival para apoiar este tipo de eventos dentro do ámbito cultural en tódalas súas facetas e en especial para dirixirse ao sector mozo con cultura e inquietudes enogastronómicas e poder incrementar neles o coñecemento duns viños coa maior tradición e historia de Galicia.

O obxectivo principal é compatibilizar a arte, a cultura, a música e un consumo responsable de viño e así potenciar a accesibilidade ao entendemento do viño sen tecnicismos, para que o consumidor valore, entenda e goce plenamente de produtos tan diferenciados como o son os viños das 100 adegas desta Denominación de Orixe.

5 de marzo de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.