O presidente da Deputación gaba a profesionalidade dos cociñeiros galegos na inauguración da escola de hostalería Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu hoxe á inauguración da nova sede da escola de hostalería “Álvaro Cunqueiro”, da Asociación Provincial de Hostaleiros. Durante a súa intervención, Calvo gabou a “profesionalidade” que dende uns anos adquiriu o sector e que “permitiu levar o nome da Coruña e de Galicia por todo o mundo”. 

Para Calvo, estas novas instalacións de 650 metros cadrados contribuirán a “afianzar o camiño da formación dun sector que dende hai uns anos adquiriu sona mundial”. E precisamente para seguir dando pasos nesta liña, a Deputación apostou pola celebración do Forum Gastronómico na nosa provincia.

Durante a súa intervención, Calvo felicitou tanto á asociación de hostaleiros que puxeron en marcha esta nova escola coma, en xeral, a todo o sector, un sector, dixo, tan importante para a economía e o turismo. “Porque son a cara que se levan todas as persoas que visitan a nosa comunidade”, sinalou o responsable provincial.

O presidente da Deputación participou xunto con outros portavoces políticos coma o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o subdirector de turismo da Xunta, José Luis Maestro, ou a delegada da Xunta, Belén do Campo, entre outros, no obradoiro organizado polos hostaleiros para celebrar o acendido das cociñas deste novo centro de formación. Coma pinche, o presidente provincial axudou ao xefe de cociña Diego Bello, do restaurante Attica21, a preparar un prato de xurela con touciño.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu hoxe á inauguración da nova sede da escola de hostalería “Álvaro Cunqueiro”, da Asociación Provincial de Hostaleiros. Durante a súa intervención, Calvo gabou a “profesionalidade” que dende uns anos adquiriu o sector e que “permitiu levar o nome da Coruña e de Galicia por todo o mundo”. 

Para Calvo, estas novas instalacións de 650 metros cadrados contribuirán a “afianzar o camiño da formación dun sector que dende hai uns anos adquiriu sona mundial”. E precisamente para seguir dando pasos nesta liña, a Deputación apostou pola celebración do Fórum Gastronómico na nosa provincia.

Durante a súa intervención, Calvo felicitou tanto á asociación de hostaleiros que puxeron en marcha esta nova escola coma, en xeral, a todo o sector, un sector, dixo, tan importante para a economía e o turismo. “Porque son a cara que se levan todas as persoas que visitan a nosa comunidade”, sinalou o responsable provincial.

O presidente da Deputación participou xunto con outros portavoces políticos coma o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o subdirector de turismo da Xunta, José Luis Maestro, ou a delegada da Xunta, Belén do Campo, entre outros, no obradoiro organizado polos hostaleiros para celebrar o acendido das cociñas deste novo centro de formación. Coma pinche, o presidente provincial axudou ao chef Diego Bello, do restaurante Attica21, a preparar un prato de xurela con bacon.

13 de marzo de 2014 | 22:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.