O PP de Cangas instará á Xunta a facerse cargo da retirada dos animais varados nas praias galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O grupo municipal do Partido Popular presentará no pleno do próximo día 7 de marzo unha moción sobre a retirada de animais mariños varados nas praias galegas.

Esta moción ven motivada polo feito de que Galicia é unha unha das zonas europeas nas que existe unha maior poboación de cetáceos e pinnípedos, con case vinte especies distintas rexistradas de  baleas, cachalotes ou delfíns.

Dende fai uns anos, por mor dos fortes temporais (“cicloxéneses”), e o efecto dos aparellos e outros elementos humanos, numerosos exemplares destes animais varan nas nosas praias.

O actual protocolo de actuación dispón que no momento en que aparece un animal vivo ou morto nun areal debemos alertar ao 112, que se porá en contacto directo coa coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA). Esta entidade ten un convenio coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, que data de 1999, para a investigación e seguimento destes animais. Froito deste convenio, quedan rexistrados todos os casos, se toman mostras e se realízan informes anuais que permiten facer un seguimento e evolución destas situacións.

Unha vez rematada a súa tarefa de investigación é toma de mostras sobre o terreo, son os respectivos Concellos os encargados da retirada dos animais. A día de hoxe a Xunta de Galicia só se encarga da retirada dos animais mortos “agrarios”.

Considerando que os Concellos non teñen medios para levar a cabo a retirada e eliminación correcta destes animais mortos, é polo que teñen que contratar a empresas especializadas para executar estes traballos facéndose cargo dos conseguintes gastos.

O concelleiro de Praias e Medio Ambien Jesús Graña declara que  estes mamíferos mariños varan mortos nas nosas praias en función de factores como temporais e correntes mariñas polo que  “é inxusto que sexan os entes locais os qe teñan que sufragar a Entendendo tamén que a presenza destes mamíferos mariños varan mortos nas praias eliminación destes residuos” que son moi custosos e aínda se incrementa o gasto de retirada en función do tamaño e o peso do especime. 

Un claro exemplo do custo da retirada destes animais e é o acontecido fai uns meses no areal de Areamilla, onde acabou varada unha balea rocual de entre 6 e 7 metros e 3,5 toneladas cuxa retirada costou 1.200 euros que foron integramente sufragados polo Concello de Cangas.  Graña sinala que normalmente o custo é aínda máis elevado, chegando ata os 5.000 euros nalgunha ocasión, pero que neste caso grazas á xestión do goberno os restos foron retirados pola empresa encargada da recollida dos residuos da Praza de Abastos o que fixo posible a reducción dos custos.

Con esta moción o PP de Cangas busca o apio da corporación municipal para instar á Xunta de Galicia a finalizar co protocolo actual de varada dos cetáceos e pinnípedos de forma que sexa o goberno autonómico o que se faga cargo da retirada e a posterior eliminación dos residuos destes animais das praias dos Concellos Galegos así como dos custos derivados destas actuacións.

1 de marzo de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.