O porteiro do Celta, Rubén Blanco, xa ten unha peña co seu nome

Presentación da peña celtista Rubén Blanco
Onte pola tarde celebrouse a presentación da Peña Celtista Rubén Blanco na tapería O Cabaliño (Guizán), sita na Estrada Peinador-Os Valos. No acto estiveron presentes o propio Rubén Blanco acompañado por outros xogadores do Real Club Celta de Vigo, tanto do primeiro equipo tal é o caso de Santi Mina, como do Celta B: David Goldar, Taylor Lubanzadio Aldama, e Pablo Pérez. Tamén asistiron Vlado Gudelj a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o edil de Deportes mosense, Isidoro Táboas; e a concelleira da parroquia de Guizán, Julia Loureiro.
A peña conta xa con 21 socios e a súa Xunta Directiva está integrada por Adrián Álvarez como presidente, Manuel García como vicepresidente, Talis como secretario, Luis Álvarez como tesoreiro, e os vogais Brayan Loureiro e Adrián Seijo.
O proceso de creación da Peña Celtista Rubén Blanco iniciouse o 20 de setembro do ano pasado, fai xa seis meses. A peña terá a súa sede na tapería O Cabaliño e celebrará reunións mensuais de socios, que se convocarán o último venres de cada mes e nas que se tratarán, entre outros temas, a organización de viaxes para acompañar ó Celta nos partidos que xogue fóra da casa.
A Peña Celtista Rubén Blanco ten aberta a inscrición para novos socios. Os interesados en entrar a formar parte da agrupación ou en obter máis información sobre a mesma poden facelo dirixíndose telefónicamente ó presidente da mesma, Adrián Álvarez, chamando ó número 618730768. A cuota de socio da peña é de 5 euros ó mes.
Os representantes municipais presentes no acto celebrado onte destacaron a calidade futbolística do porteiro mosense do Celta, Rubén Blanco, e manifestaron sentirse orgullosos e satisfeitos “da creación dunha peña que o apoie e leve o seu nome, que ademais está integrada por veciños seus que o coñecen dende que naceu”. “Ter deportistas de calidade e agrupacións que os apoien representa unha enorme ledicia para o equipo de goberno local”, declararon alcaldesa e concelleiros.











