O pleno de Ponte Caldelas gardará un minuto de silencio en memoria do presidente Suárez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ponte Caldelas gardará, durante a súa celebración deste xoves ás 13 horas, un minuto de silencio en memoria do presidente Adolfo Suárez, recentemente falecido. As bandeiras do Consistorio ondean a media hasta como mostra de respecto e consternación pola morte do primeiro presidente do Goberno da Democracia.

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, acordou cos portavoces da Corporación que se gardase un minuto de silencio en memoria do presidente Suárez. As bandeiras ondean xa a media hasta desde o pasado luns cumprindo así o loito oficial decretado polo Goberno.

Por outra banda, a Corporación aprobará as modificacións necesarias para adaptar as súas ordenanzas e regulamentos á nova “Lei do emprendemento e a competitividade” da Xunta de Galicia que entrou en vigor en decembro de 2013, o que fará que Ponte Caldelas sexa un dos primeiros concellos en Galicia que se axusten a esta nova normativa.

Ademais tratarase tamén unha moción sobre a Lei do aborto presentada polo PSG-PSOE.

26 de marzo de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.