O pleno de Fene aproba unha modificación de crédito para investimentos na piscina e no campo de futbol
O pleno do Concello de Fene aprobou onte cos votos favorables do Partido Popular e a abstención do resto dos grupos políticos un expediente modificativo de crédito para facer fronte a gastos non previstos no orzamento prorrogado.
A modificación supuxo dotar crédito para a reforma da sala de máquinas e cambio de caldeiras na piscina municipal por un importe de 48.920,89 euros. Igualmente afrontaranse obras no campo de fútbol municipal para a instalación de electricidade de baixa tensión por importe de 49.821,74.
A ausencia da instalación de baixa tensión no proxecto inicial dos vestiarios do campo municipal ha motivado a necesidade de tal investimento extraordinario para dotalo de enerxía eléctrica independente.
Doutra banda a deficiente execución das obras da praza do Ameneiral motivou a necesidade dun investimento por importe de 15.525,97 euros para reparar as fisuras, remates e roturas do pavimento, as luminarias do chan, o afundimento dos alcorques, a recolocación das rejillas e do pavimento do parque infantil.











