O Plan RUA actúa nos barrios de Matogrande e Lonzas e ofrece talleres para nenos en tres centros cívicos
O Concello da Coruña informa de que o Plan RUA actuará esta semana nos barrios de Matogrande e Lonzas, ademais de ofrecer un total de tres talleres infantís do Plan de Concienciación Ambiental noutros tantos centros cívicos da cidade.
Desde hoxe luns, 24 de marzo, e até o vindeiro mércores 26, o Plan RUA estará no barrio de Matogrande, onde intervirá sobre unha superficie de 24.600 metros cadrados que corresponden a 8 rúas e prazas. O xoves 27 de marzo, o plan retoma a súa actividade en Lonzas, onde actuará, até o luns 31 de marzo, nun total de 14 rúas e prazas que equivalen a 27.500 metros cadrados.
Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:
Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.
Reposición de colectores e papeleiras.
Limpeza da rede de rede de sumidoiros.
Mantemento de zonas verdes.
Mantemento de marquesiñas e pintado de pasos de peóns.
Plan de Concienciación Ambiental
Por outra banda, e dentro do Plan de Concienciación Ambiental que se desenvolve como complemento do Plan RUA, esta semana celebraranse un total de tres talleres infantís que, a través de distintas actividades lúdicas, tratarán de mostrar a importancia de manter unha cidade limpa e coidada fomentando a educación ambiental, así como as bases da reciclaxe de residuos sólidos urbanos.
As charlas, ás que é necesario apuntarse a través dos centros cívicos ou por medio das redes sociais do Plan RUA, celebraranse os seguintes días:
Luns, 24 de marzo. 17.30 horas. Centro cívico de Labañou.
Martes, 25 de marzo. 18.00 horas. Centro cívico de Vos Mallos.
Mércores, 26 de marzo. 18.00 horas. Centro cívico de San Pedro de Visma.











