publicidade hoxe

O padexeiro galego Luis Fernández acada o financiamento para participar no Mundial de slalom

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

Luís Fernández logrou reunir o financiamento suficiente para participar no Mundial de slalom que se disputará en Australia entre os días 24 e 27 de abril. O padexeiro do Penedo recibiu a confirmación de que a Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas financiábanlle parte da viaxe.

Despois das súas boas actuacións en Francia e na Seo de Urgell, onde logrou a clasificación para o Mundial, Luís Fernández atopouse coa necesidade de buscar os ao redor de 1.500 euros que lle faltaban para poder acudir a esa cita. Despois de varias xestións, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas confirmaron a axuda prometida e por tanto permitíronlle ao padexeiro rexistrar oficialmente a súa presenza.

Luís Fernández logrou a súa clasificación despois de imporse en tres do catro probas que se disputaron en Francia e Cataluña. O padexeiro da modalidade de C-1 logrou o seu obxectivo dentro da categoría júnior. Está concentrado no Centro de Alto Rendemento da Seo de Urgell.

5 de marzo de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.