O orzamento do Concello de Ourense para o exercicio 2014 reduce o endebedamento ao 58%
Os orzamentos do Concello para o exercicio 2014 ascenden a 101.352.350 euros, o que supón un incremento con respecto ao do ano 2013 do 7,1% (nese ano o orzamento municipal se situaba en 94.633.308,16 euros). Unha das características principais do orzamento é a reducción sustancial do endebedamento, ao tempo que se mantén, practicamente inalterable a presión fiscal.
En consonancia coa Lei de Estabilidade Orzamentaria, redúcese o endebedamento neto, coa amortización de débeda por importe de 4.363.315,09 millóns de euros e contrátase nova débeda por importe de 1,9 millóns de euros. Esto implica unha reducción do endebedamento do 58%, ao tempo que se reduce o endebedamento neto en 2,5 millóns de euros.
Así o Concello contará para o ano 2014 cun endebedamento de -2.626.345 euros, cunha reducción incluso por debaixo da metade do máximo legal permitido, que se sitúa nun 110%.
O orzamento do Concello, actualmente en fase de borrador, pendiente do informe de fiscalización da Intervención municipal, prioriza os programas de política social, reforzando os servizos municipais fundamentais e as dotacións públicas municipais, vencellados ao compromiso co rigor na xestión dos recursos públicos, mantendo prácticamente inalterable a presión fiscal e reducindo, sustancialmente, o endebedamento.
Incremento nos ingresos en 3,1 millóns de euros
Respectos dos ingresos municipais, podemos falar da práctica conxelación dos tributos (bens, vehículos, actividades económicas, construcións e plusvalías) e as taxas e prezos públicos municipais, soamente se actualizan dacordo ao IPC pechado do ano 2013, un 2,9%.
As matizacións máis relevantes neste senso son as seguintes:
-Os impostos directos, que implican o 43,23% dos ingresos municipais, perden peso con respecto aos indirectos.
-Prevese un incremento do 5,4% (1.560.000 euros) na recadación ano Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana, como consecuencia, dunha banda, a base impoñible para o ano 2014 e por outra, pola previsión de incremento de alteracións catastrais que se tramitarán con base na eventual sinatura do convenio de colaboración en materia de xestión catastral e un incremento na cuota municipal do IAE de medio millón de euros.
-Leve descenso no imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, pola diminución no padrón actual, cunha reducción porcentual do 3,1%.
-Nos impostos indirectos, experiméntase un descenso de 755.000 euros, pola cesión de impostos indirectos ao Estado para o ano 2014 de 7,5% e unha diminución dos impostos sobre consumos específicos do 16,5%.
-No que se refire ao imposto indirecto fundamental do sistema tributario municipal, o ICIO, estímase un detrimento importante do 55%, que estase a tentar ser compensado cun novo sistema de comprobación realizado polos servizos de recadación municipal.
-Con respecto ás taxas, os incrementos dos ingresos derivados das inspeccións sobre as empresas distribuidoras e comercializadoras de gas e electricidade, se compensan coa diminución dos ingresos en concepto de taxa por aproveitamento especial de dominio público local a favor das empresas explotadoras de servizos de suministración de telefonía, ao ser anulados os artigos da ordenanza fiscal en concepto de taxa por licenza de apertura de establecementos .
O resto de taxas e prezos públicas, tales como os servizos de subministración de auga, rede de saneamento, lixo, grúa e ORA, só se actualizan conforme ao IPC pechado, no 2,9%
Así, se produce un incremento nos ingresos correntes de 3,7 millóns de euros, o que supón un incremento porcentual do 3,9%, sumado ao crédito de 348.180 euros como consecuencia da entrada de transferencias de capital, ligadas á recepción de novas subvencións, principalmente en materia de rehabilitación dos PERIs e ARIs. Esta suba, compénsase coa merma dos ingresos de capital nun 42%, resultado da reducción dos ingresos provintes do endebedamento, é decir, os pasivos financieiros do capítulo IX, que se sitúan neste exercicio en 1,9 millóns de euros, pasando do 5,1% ao 0,6%.
Xestión máis eficiente das operacións fiscais
Co obxecto de comprobar feitos impoñibles non declarados ou declarados incorrectamente desenvolveranse actuacións de control no Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana e na taxa por licenzas urbanísticas, entre outros, no marco do Plan Director de Control Tributario do Concello de Ourense.
Ambas accións de control fronte ós tributos, están aparelladas ás actuacións de xestión recaudatoria, encamiñadas ao cobro das débedas pendentes de ingreso reducindo os prazos.
Para acadar os obxectivos dunha xestión máis eficaz e eficiente das operacións fiscais o Concello suscribiu un Convenio de colaboración co Catastro, adheriuse ao Convenio para a recadación executiva asinado entre a Axencia tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias e dende o servizo municipal de recadación está a levar a cabo a contratación dun servizo de apoio en materia de inspección tributaria.
Estas melloras nos procedementos de comprobación e recadación implican unha mellora na eficiencia do cobro e tramitación dos tributos municipais ao tempo que proporcionan máis facilidades aos cidadáns para o seu coñecemento e pagamento, dotan á administración de mecanismos máis áxiles e exhaustivos de fiscalización e cobro tributario.











