O Museo Municipal de Ourense acolle a mostra ‘Os instrumentos de luthieres y arqueros de España’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá quedou presentada unha das actividades paralelas do Festival Pórtico do Paraíso que comeza hoxe. Trátase da exposición Os instrumentos de luthieres y arqueros de España, que nos achega o oficio da construción e a restauración de instrumentos musicais da familia do violín.

Á presentación asistiron a concelleria de Educación e Cultura, Ana Garrido, a directora do Museo, Eva Torres, o director do Festival, Juan Enrique Miguéns que estiveron acompañados por tres luthieres, Fernando Sánchez, José Catoria e Gonzalo Bayolo. Os tres forman parte do Gremio de Luthiers y Arqueros de España, que é unha asociación de profesionais da construción e a restauración de instrumentos musicais. O gremio adícase a fomentar e apoiar a conservación e preservación dos instrumentos e arcos antigos existentes en España, xa sexan coleccións públicas ou privadas, porque entenden que estes forman parte do patrimonio.

Concerto de esta noite na Catedral

Hoxe a partir das 21 h, a Catedral acolle o primeiro concerto do Festival Pórtico do Paraíso. Será a cargo do grupo Diabolus in Musica, que ofrecerán unha interpretación da música do Medievo, desde o canto gregoriano ás grandes obras polifónicas do século XV, pero especialmente ás dos séculos XII e XIII. A entrada é de balde.

14 de marzo de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.