O monologuista David Amor leva ao Teatro Jofre o espectáculo “Fuera de sitio”
O humorista David Amor porá en escena o vindeiro domingo, día 16 de marzo, no Teatro Jofre o seu espectáculo titulado “Fuera de sitio”, que se enmarca dentro do ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A cita é ás 20.00 horas e as persoas que teñan interese en acudir á mesma poden retirar a súa entrada de maneira anticipada no despacho do Jofre ou a través de internet, no enderezo: www.ferrol.es (Apartado Axenda Cultural). A día de hoxe xa están vendidas preto de 300 entradas.
Este humorista galego empezou a súa carreira artística participando en diversos programas de Televisión de Galicia. No 2010 gravou a súa primeira participación en “O club do chiste”, o que lle supuxo unha fama en toda España. Desde entón, interveu en series como “Mareas vivas”, “4º sen ascensor”, participado en programas como o “Rei dá Comedia” ou o “Supermartes” e representado numerosos monólogos como o que protagoniza na actualidaddentro do espectáculo “Sempre preocupado”.
O vindeiro domingo, David Amor presenta no Teatro Jofre o seu novo show “Fuera de sitio”, que está triunfando pola xeografía nacional. Este é, sen dúbida, o seu espectáculo máis íntimo. Humor fresco, actual e esas doses de retranca que só David é capaz de darlle ás súas monólogos.











