O mestre e escritor José Mª Franco ofrecerá unha conferencia no Centro do Viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Educación e Cultura organiza o xoves día 27 de marzo unha conferencia coloquio con José María Franco, mestre, escritor e formador.

O acto, aberto ó público en xeral pero especialmente dirixido a profesores, educadores e pais e nais, desenvolverase no salón do Centro do Viño ás 20:15 h.

O título desta conferencia é idéntico ó do último libro de José María Franco, “Educar con co-razón”, unha publicación do ano 2012 que dá continuidade ós traballos “La vida maestra” (2011) e “Descanser” (2010).

José Mª Franco centra o sei labor investigador e divulgador en aspectos tales como o desenvolvemento de actitudes creativas no quefacer da vida cotiá, a formación persoal de pais, mestres e outros colectivos profesionais, a educación desde os valores, a pedagoxía emocional e a meditación. Todo isto desde unha abordaxe singular do corpo como espazo fundamental para o cambio e a propia realización persoal.

21 de marzo de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.