O mellor da Ribeira Sacra darase cita no Mercado de Monforte esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Espazo Central da Praza de Abastos acollerá esta fin de semana, días 15 e 16 de marzo, un Mercado dedicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra.

Un total de nove produtores, que ocuparán dez postos de venda, ofrecerán embutidos de caza e de porco celta e ibérico, queixos, iogures, verduras, chourizos, legumes, lacón pan, empanadas, marmeladas e doces, todos eles produtos co selo da Ribeira Sacra.

O Mercado da Ribeira Sacra permanecerá aberto o sábado día 15 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 16 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.

Estes son os nove participantes no vindeiro Mercado de produtos da Ribeira Sacra:

-Eurolemos: embutidos, carne para cocido, legumes, queixos frescos, iogures, leite fresco…

-Casa Neiras: embutidos tradicionais, chourizos, cachucha, lacóns, morro…

-Terras de María Castaña: produtos de cultivo propio como grelos, nabizas, repolos…

-Porco Celta: xamón e embutidos elaborados de maneira artesanal e feitos con porco celta criado en liberdade e con alimentación natural (pastos, froitos do bosque).

-Panadería Caneda: pan tradicional de forno de leña, madalenas e empanadas.

-Caurelor: crema de castañas, castañas en caldo de azucre, marmeladas de arandos, mora e cereixa, e tamén marmeladas de uva mencía e godello.

-Roscas Mª Carmen: a tradicional rosca de Millán (Sober), feita do día en forno de leña.

-Caza e Ibéricos: embutidos de caza e de porco ibérico, queixos curados e tetilla, empanada de cervo, conservas…

-Repostería Toño: biscoitos e repostería tradicional da Ribeira Sacra.

12 de marzo de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.