O Mecalia Atl. Guardés enfróntase ao Elche Mustang o sábado na Sangriña
Unha vez pasado o subidón de adrenalina das eliminatorias da Copa, onde o equipo logrou por segundo ano consecutivo clasificarse para semifinais, agora toca recibir a outro dos grandes, o Elche Mustang, situado en sexta posición con 21 puntos, tres menos que o Guardés, pero co obxectivo claro de chegar a ocupar a súa posición na táboa, o cuarto posto.
As ilicitanas traerán tamén en mente o tratar de vingar da dolorosa derrota que o Guardés lles infligió no último minuto, cando xa crían que os dous puntos eran seus, na visita á cidade das palmeiras.
Por parte do Guardés, na actualidade, o defender a súa posición na clasificación, debe ser o máximo obxectivo, xa que o gañar unha posición, aínda que matematicamente non imposible, si vese moi difícil o restañar os 7 puntos que nos separan do Rocasa.
Partido por tanto de máxima tensión, pois ambos son rivais directos para un obxectivo común, a cuarta praza que dá dereito a xogar en Europa.
A afección guardesa, triunfadora destacada en Alcobendas, ten esta vez na Sangriña unha importantísima labor que realizar, levar polo aire até a vitoria ao equipo.











