O mar inunda o paseo marítimo da Coruña e obriga a cortar o tráfico
O mar chegou de novo ao paseo marítimo coruñés, tras romper a balaustrada no último temporal, e obrigou a cortar o tráfico e o tránsito de peóns por esta zona, segundo informou o director da Área de Seguridade Cidadá e Mobilidade do Concello de A Coruña, Carlos García Touriñán.
“Chegou a todo o paseo”, indicou Touriñán, quen precisou que dende a zona do Millenium ata a Torre de Hércules a forte ondada fixo que a auga chegase de novo ás calzadas próximas ao paseo marítimo coruñés.
Por este motivo, procedeuse ao corte de tráfico, a partir das 16.00 horas, entre a rúa Modesta Goicouría e de Calvo Soleto ata a citada rúa. A partir das 16.30 horas, procedeuse ao corte de tráfico na circunvalación de Durmideiras e o mesmo se fixo dende as 17.45 horas dende os Salesianos a Riazor.
Ademais, a ondada provocou estragos nalgúns locais, coa rotura dalgunhas lúas en rúas como a avenida de Bos Aires. O mesmo aconteceu tamén na Casa dos Peixes.











