O mal tempo obriga a suspender o desfile de Entroido previsto para esta tarde en Ferrol
A Concellería de Festas do Concello de Ferrol, atendendo ás indicacións dos técnicos e da empresa organizadora, decidiu suspender o desfile de Entroido previsto para hoxe. O motivo desta medida son as condicións meteorolóxicas adversas, e a previsión de que estas non melloren para a hora en que estaba fixado o percorrido das comparsas polas rúas do centro de Ferrol.
Así mesmo, a Concellería de Festas recorda que o Gran Festival de Comparsas terá lugar a partir das 20.00 horas na praza de Amboage, onde se ten instalada unha carpa cuberta. Neste evento participarán dez comparsas e cada unha delas fará dúas actuacións musicais. Os nomes destas agrupacións e os temas dos seus disfraces son:
-Os Parrandolos: “A crise”.
-A Canteira: “Doutrina Parrot (Os salvadores).
-Os Colludos: “Fantasía galega”.
-A Revolta de Trasancos: “Imos de Wassa(p)”.
-Os Argalleiros: “Rumbeiros”.
-Os Xunquiños: “Rocieiros”.
-Río Belelle: “Los payasos de la tele”.
-Os Trastos: “Bufóns”.
-Tróupele, tróupele: “Celtas”.
-Piratas Penencia: “En la marina”.
O Concello de Ferrol repartirá 700 euros en premios aos mellores disfraces, na categoría individual ou en parellas, e en grupos,











