O Liceo Marítimo de Bouzas acolleu a presentación da V ruta “O Cabaleiro das Cunchas”
O 22 de febreiro no Liceo Marítimo de Bouzas deuse arranque á V Ruta Marítima “O Cabaleiro das Cunchas”, onde se presentou as etapas e o percorrido que se realizará do 1 ao 9 de agosto.
Este ano únense 10 barcos portugueses que o 26 de xullo sairán de Lisboa tocando os portos de Peniche, Nazaret, Figuieras e Aveiro até chegar a Viana o día 1 de agosto onde se unirán á Ruta “O Cabaleiro das Cunchas” para seguir a travesía marítima.
Tense previsto chegar o martes día 5 a Muros para ao día seguinte achegarse á Catedral de Santiago de Compostela onde se celebrará a misa do Peregrino en honra á Ruta Marítima “O Cabaleiro das Cunchas”.
Así mesmo tamén se incorporarán barcos franceses en Muros para realizar a Ruta cara a Bouzas, terminando o sábado día 9 na Ría de Vigo nunha parada Naval.











