O kaiak Tudense gaña o Campionato Galego de barcos dobres que se disputou en Verducido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Podio K-2

Podio K-2

O Kaiak Tudense, a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e o As Torres Romaría Viquinga ocuparon por esa orde os lugares de honra do Campionato Galego de barcos dobres que se disputou en Verducido. A competición mostrou unha enorme igualdade tanto en K-2 como en C-2.

Diego Piña e Victor Javier Rodríguez foron os gañadores en K-2 masculino, nunha intensa pugna con Roberto Rodríguez Leituga e Roi Rodríguez, e Rubén Millán e Diego Domínguez. Todos eles pertencen ao Kaiak Tudense. Antonio Palmás e Brais Sánchez, do Club Piragüismo Vilaboa, ocuparon a cuarta posición. Na categoría feminina, as triunfadoras foron Jennifer Díaz e María González, do Club Kaiak Vigo.

Diego Romeu e Ton Campos, do Breogán do Grove, foron os mellores na modalidade de C-2. Ambos transmitiron boas sensacións e levaron o triunfo por diante de Ramón Ferro, José Luís Bouza, que foron segundos, Brais Casas e Diego Costa, que terminaron terceiros, Daniel Costa e Manuel Garrido, que foron cuartos, e André Oliveira e Yeray Picallo, que ocuparon a quinta posición.

Pola súa banda, Ana Varela e Carla Pérez, do Kaiak Tudense, foron os que levaron a vitoria na categoría feminina. Laura García e Natalia García, do Breogán do Grove, ocuparon a segunda posición, mentres Andrea Fátima Porteiro e Valeria Romeu, do Kaiak Tudense, foron terceiras.

Ademais das probas sénior, tamén se disputaron as de cadetes e xuvenís. Nas primeiras delas, Alba Lorenzo e Carolina Garíca, da Cidade de Pontevedra, gañaron en K-2, feminino, mentres os seus compañeiros Alexandre Castero e Iván Villanueva facíano en K-2 masculino. Iván Vallejo Esperón e Pablo Rodríguez, do Pio Conservas Pescamarm, fixéronse coa vitoria en C-2.

Na categoría xuvenil masculina, Iago Monteagudo e Adrián Garcia, do Naval de Pontevedra, foron os mellores en K-2. Alex Bernández e Sergio Vallejo dominaron no C-2. Na categoría feminina, Antía Jocome Souto e Isabel Noya , da Cidade Pontevedra, impuxéronse en C-2, mentres Rebeca Lauridjsen e Raquel Dá Cousa, do Pontecesures, foron as que levaron a medalla de ouro en K-2.

No Campionato Galego de barcos dobres participaron 31 clubs e máis de cincocentos padeeiros. A cita tivo lugar no Verducido (Pontevedra).

31 de marzo de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.