publicidade hoxe

O III Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares comeza este domingo en Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRibas de Sil
A-
A+

O vindeiro domingo 23 de Marzo ponse en marcha o III Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares coa celebración da carreira do concello de Ribas de Sil.

Este ano como novidade o Circuíto está adherido ao programa da Xunta De Galicia Galicia Saudable. Galicia Saudable ten como misión lograr que a poboación galega goce dun estilo de vida o suficientemente activo para conservar a saúde e a autonomía persoal, gozando de maior benestar e calidade de vida, e previndo e reducindo a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa inactividade física.

A incorporación a este programa permitirá unha maior difusión do Circuíto a nivel institucional, achegará material promocional para a organización das probas e suporá a creación dun novo premio non competitivo para o corredor mais xove e mais novo que participe en cada unha das 8 probas.

Dende o GDR Ribeira Sacra animamos a toda a poboación local a participar no Circuíto e así colaborar a unha sociedade máis saudable mediante o aumento da práctica regular da actividade física.

19 de marzo de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.