O Hostal dos Reis Católicos acollerá a presentación da III edición dos Telefónica Ability Awards
Telefónica presentará en rolda de prensa o vindeiro luns 24, ás 12:00 h., e na sala Obradoiro do Hostal dos Reis Católicos – Praza do Obradoiro, nº 1, 3ª planta- os Telefónica Ability Awards, os únicos premios que, a nivel nacional, recoñecen publicamente ás empresas e entidades que integran a discapacidade no seu modelo de negocio.
O acto estará presidido polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, que estará acompañado pola conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e a directora de Responsabilidade e Innovación Social de Telefónica, Sofía Fernández de Mesa.











