“O home almofada” chega ao Gabriel García Márquez de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

A compañía Maquinario Teatro presenta o seu espectáculo O Home Almofada de Martin McDonagh, baixo a dirección de Tito Asorey. O pase terá lugar mañá sábado 29 de marzo ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera.

A obra está ambientada nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo, ela loita por defender a súa inocencia. Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufriu sendo nena. A duración aproximada é de 90 minutos. O prezo da entrada é de 3,5 euros.

28 de marzo de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.