O goberno de Cangas aproba a constitución formal do patrimonio público do chan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A corporación municipal celebrou este venres a sesión plenaria correspondente ao mes de marzo para tratar diversos puntos de interese municipal.

Durante o pleno  goberno e oposición aprobaron a constitución formal do Patrimonio Público do Chan do Concello de Cangas tal e como se esixe na Lei de solo de Galicia. O responsable de urbanismo Rafael Soliño anunciou que dende a concellería que preside se está levando a cabo un rexistro dos bens que forman parte do parimonio público do chan así coma un inventario de bens municipais.

Na sesión plenaria presentáronse diversas mocións por parte da oposición coma a realizada polo grupo municipal do BNG sobre a reforma local e provincial, outra do mesmo partido sobre a iniciativa lexislativa popular de medidas para a creación de emprego en Galicia  e outra de ACE sobre solucións a problemas de accesibilidade e creación de aparcamentos para persoas con problemas de mobilidade. Estas mocións foron rexeitadas polo Pleno Municipal.

En relación coa última das mocións a concelleira de Seguridade María Luisa Prieto afirmou que se está levando a cabo un plan de acondicionamento de aparcamentos para persoas de mobilidade reducida centrado nas parroquias que estará a punto antes do verán.

Na quenda de rogos e preguntas o alcalde José Enrique Sotelo anunciou que unha vez se traslade o mercadillo de forma definitiva, a partir de Semana Santa, está previsto que se realicen tarefas de mellora e posta en valor da alameda de Vella de Cangas. 

29 de marzo de 2014 | 16:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.