O Fiscal Superior de Galicia será relator no foro de dereito Alumni Pontevedra da universidade de Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorVigo
A-
A+

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, será o relator do II Xanto-Coloquio que celebra o Foro de Dereito Alumni Pontevedra da Universidade de Navarra, este xoves, 13 de marzo, a partir das 14:30 horas, o Hotel NH Palacio de Vigo.

Baixo o título “Acciones colectivas no Dereito de Consumo. Necesidade de reforma no proceso civil”, Carlos Varela profundará nas peculiaridades normativas que esixen as demandas colectivas de consumidores. 

Este encontro é o segundo evento que organiza o Foro de Dereito Alumni Pontevedra, unha entidade formada por licenciados en Dereito pola Universidade de Navarra da provincia, que ten como obxectivo fundamental crear un espazo de debate e promover actuacións conxuntas que permitan aos seus integrantes establecer sinerxías profesionais e crear un lobby no ámbito xurídico e empresarial que potencie as súas actuacións.

O primeiro xanto-coloquio desta agrupación, que tivo lugar o pasado mes de febreiro e ao que asistiron unha trintena de profesionais, tivo como protagonista ao maxistrado decano dos Xulgados de Vigo, Germán Serrano, que ofreceu a conferencia “Perspectiva optimista da xustiza en España”, na que analizou a situación actual, as causas deste escenario e posibles solucións para optimizar o seu funcionamento.

A participación está aberta a todos aqueles profesionais interesados en compartir a súa experiencia na materia. Para formalizar a súa inscrición deben dirixirse a alumni@unav.es antes do 12 de marzo. O custo é de 25 euros para os membros de Alumni e de 30 euros para o público en xeral.

Sobre a Agrupación de Antigos Alumnos da Universidade de Navarra

A Agrupación nace en 1992 para servir á Universidade de Navarra e aos seus antigos alumnos. Desde entón, participa do afán do Centro por descubrir e transmitir o coñecemento ao máis alto nivel intelectual e profesional, e preparar profesionais destacados que sirvan á comunidade na que traballan, con responsabilidade cidadá e iniciativa, contribuíndo a orientar a sociedade cara a configuracións máis xustas e harmónicas.

Actualmente, a provincia de Pontevedra conta cunha comunidade de máis 1.000 antigos alumnos da Universidade de Navarra.

 

10 de marzo de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.