O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso comeza a súa andaina na Catedral de Ourense con Diabolus in Musica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Este venres comeza o Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que ofrecerá o seu primeiro concerto na Catedral a partir das 21 h co grupo Diabolus in Musica (Francia). A entrada é de balde, e marca o comezo deste importante certame que se prolonga ata o día 23 de marzo, e onde haberá actuacións e tamén actividades paralelas como exposicións ou concertos didácticos. Toda a información está na súa web www.porticodoparaiso.com.

Auditorio Municipal

A maiores desto o Auditorio acolle o venres a partir das 20.30 h o espectáculo de Gabino Diego, Una noche con Gabino. O famoso artista retorna cunha velada teatral na que fai un divertido percorrido por fábulas urbanas: personaxes, situacións, imitacións, e cancións coas que nos convida a asomarnos a creación mesma do propio espectáculo.

As entradas pódense adquirir a partir de 12 € en www.servinova.com e desde dúas horas antes do comezo da actuación.

Outra das citas no Auditorio Municipal é a dos domingos coa programación infantil. Contos para todos, un espectáculo de monicreques, contacontos, maxia, animación, Clown e música en directo. Será no horario habitual das 12 h, cun prezo de 3 €. A obra está dirixida a cativos a partir de 3 anos.

Museo Municipal

Outra das actividades para esta semana é a inauguración dunha nova exposición no Museo Municipal. Mañá mércores quedará aberta a obra Metamorfose, de Andrés Santeiro. Esta xoven promesa ourensana ofrécenos unha mistura de contemporaneidade artística dende un realismo hiperealista ofrecendo un compendio de novas pinceladas que non deixarán indiferentes ao público visitante.

11 de marzo de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.