O equipo de mergulladores non pode acceder ao interior do buque afundido en Cabo Peñas
O equipo de mergulladores da Garda Civil logrou somerxerse no mar Cantábrico e descenderon os 30 metros que separan o buque ‘Santa Ana’ da superficie da auga, pero non puideron entrar no interior pola escasa visibilidade, segundo informou o director xeral de Xustiza e Interior do Principado, José Luis Villaverde.
A intensa néboa na zona e as fortes correntes do mar atrasaron a inmersión dos mergulladores. Este mesmo equipo de rescate estivo ata as 03.00 horas desta madrugada visitando barcos moi similares ao ‘Santa Ana’, portas, trapelas e escaleiras, no porto de Avilés para facilitar o labor de rescate.
Os mergulladores, que continúan os labores de busca dos seis mariñeiros desaparecidos fronte ao Cabo Penas en Asturias, sinalizaron cunha boia o lugar no que se atopa a embarcación e aseguraron que realizarán unha segunda inmersión que poderá ser esta tarde ou mañá.
Por outra parte, o cadáver do cociñeiro do buque, Manuel Indalecio Mayo Brea xa atopa en Galicia e o corpo sen vida do pescador portugués, Francisco Gomes Fragateiro viaxa xa ao seu país.