O Entroido tamén chegou ao municipal

Concurso de disfraces
Este pasado sábado coincidindo co “Entroido 2014” e que o primeiro equipo do Azkar Lugo FS disputaba partido de liga, a Fundación Azkar organizou un concurso e desfile de disfraces no descanso do encontro para todo o público que asistiu ao mesmo cos seus disfraces, motivo polo cal esas persoas tamén puideron retirar unha entrada gratuita para o choque. Así durante o intermedio do encontro soou a música para recibir a unha veintena de persoas que se animaron a participar no concurso.
Tralo desfile de todos eles ante a atenta mirada da afección, estes foron os gañadores:
– 1º premio: carnet abonado tempada 14/15 + merchandising club: “O jeque”.
– 2º premio: bono Ximnasio Terra para dúas persoas + merchandising club: “As animadoras”.
– 3º premio: merchandising club: “Draculín”.











