O doce mundo do chocolate chega á Praza de Abastos de Monforte
Esta fin de semana 10 mestres chocolaterios e pastelerios das provincias de Lugo e Ourense encherán a Praza de Abastos co doce aroma das súas creacións.
O sábado día 22 e o domingo día 23 poderemos visitar “Chocolate Paixón”, un mercado pensado para os amantes do chocolate.
No mercado “Chocolate Paixón” atoparemos desde os tradicionais bombóns de chocolate ás combinacións mais arriscadas como o chocolate con cogumelos, pasando polos chocolates ecolóxicos e orgánicos en todo tipo de presentacións.
A esta cita co mundo do chocolate asistirán, o sábado en horario de mañá e tarde e o domingo só polo mañá, os seguintes profesionais:
– Diseño del Sabor: repostería creativa e actual feita en Monforte.
– Ben pasteleiros: flores de chocolate, especialmente pensadas para regalar.
– Cafés Conti: variada gama de chocolates á taza e unha ampla mostra de pasteis e chocolates artesáns.
– Pastelería Trebol: deliciosos bombóns artesáns elaborados en Monforte.
– A Despensa do Alarico: chocolate ecolóxico, presentado nunha amplísima gama de formatos.
– Osi gourmet: fontes de chocolate nas que poderán mergullar froitas frescas.
– Milhojas: pastelería ourensá que traerá as súas famosas mouses.
– Escola de Hostaléria de Rosende: presentará unha nova creación de bica con pepitas de chocolate.
– Chocomiño: especialistas en chocolates en pó e turróns.
– Dulcinea: licores de chocolate.
Dez especialistas en chocolate, nas súas diversas formas e presentacións, que te convidan a unha doce fin de semana nos Mercados de Monforte, na Praza de Abastos.











