O Día Internacional das Mulleres visualizará os oficios das mulleres en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller presentamos o programa elaborado con motivo do Día Internacional das Mulleres. Como cada ano, neste día intentamos visibilizar os oficios realizados por mulleres. Este ano imos centrar esta data dando o protagonismo as mulleres no deporte. Consideramos que é importante recoñecer o traballo desenvolto dentro desta área, destacando as aportacións de diferentes mulleres nun contexto ligado durante moitos anos ao rol social masculino, donde existen barreiras ocultas que dificultan o equilibrio no acceso a algúns deportes e na dedicación deportiva de xeito profesional. O vindeiro sábada 8 de marzo ás 19:00h está prevista a celebración do Acto de recoñecemento ás Mulleres no Deporte na Sala de Exposicións do Auditorio.

O Concello de Cangas conta cun amplo abano de mulleres que contribuíron á historia do deporte de cangas en diferentes áreas:  dirección, xestion, entrenamento e práctica deportiva. O recoñecemento global será a través dunha proxección de imaxes recollidas grazas á colaboración de diferentes colectivos e persoas que, a nivel individual, facilitaron esta compilación. Esta proxección é unha mostra ao longo da historia do deporte feminino en Cangas. Ademais haberá tres recoñecementos individuais en tres áreas específicas.

Recoñecemento ao equipo pioneiro: Equipo de Baloncesto SI-AL

Recoñecemento á xestión dun Clube: Carmen Parada Martínez do Clube de Atletismo Vila de Cangas

Recoñecemento á traxectoria deportiva: Teresa Portela Rivas do Clube de Mar Ría de Aldán.

Ademais a Concellería de Cultura, Educación, Deporte e Voluntariado teñen programada durante este mes de marzo unha serie de exposicións paralelas nas diferentes salas con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Do 7 ao 28 de marzo na sala de exposicións Angel Botello da Casa da Cultura, Pinturas de Teresa Candal.

Do 7 ao 21 de marzo na Capela do Hospital Pinturas de María Mariño Bastos.

Do 28 de marzo ao 6 de abril Pinturas de María Luisa Baliño Pizcueta.

Do 14 ao 29 de marzo na sala de exposicións do Auditorio, 2éme salon européen et 15éme salon international á Cangas.

5 de marzo de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.