O Desfile de Comparsas de Monforte celebrarase o sábado 8 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Debido ás previsións climáticas que anuncian a presenza de chuvia durante toda a xornada do martes, a delegación de Cultura do concello de Monforte decidiu trasladar o Desfile de Comparsas para o sábado día 8 de marzo.

Esta mañá celebrouse no Concello unha reunión na que participaron a concelleira e técnicos do departamento de Cultura, xunto con responsables da Policía Local, de Protección Civil, e do servizo de limpeza viaria. Despois de analizar as previsións meteorolóxicas para mañá martes e as vantaxes e inconvenientes que supoñería mudar a data do Desfile de Comparsas, optaron polo traslado da celebración.

Dende a delegación de Cultura e ó largo desta mañá, comunicarán a decisión a tódalas comparsas e disfraces inscritos e con opción a premio.

O único que cambia é a data do Desfile, respectándose tanto o horario como o percorrido inicialmente previsto. Así, o Desfile de Comparsas e Disfraces de Entroido celebrarase o sábado día 8 de marzo, comezando ás 17:00 h. na praza da Estación e percorrendo as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde e Cardeal Rodrigo de Castro para rematar na praza da Compañía.

Ó remate do Desfile, unha orquestra amenizará a festa na praza da Compañía.

3 de marzo de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.