O deputado socialista José Blanco critica a actual falta de estratexia para “mobilizar persoas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O deputado do PSOE José Blanco xustificou este xoves a inversión no aeroporto de Santiago durante a súa etapa como ministro de Fomento, dado que o ano que se puxo en funcionamento se logrou a cifra “marca” de case 2,5 millóns de pasaxeiros, pero criticou que agora non haxa unha estratexia para “mobilizar persoas”.

En rolda de prensa, o exdirixente socialista entrou así na “polémica” de que “se fixo unha inversión moi grande” en Lavacolla. “Se temos infraestruturas e non sabemos que facer para poder mobilizar persoas, é indubidable que non ten sentido a inversión”, analizou.

Non obstante, apuntou que a decisión de construír unha nova terminal e un novo aparcamento en Lavacolla se tomou á vista do “ritmo de crecemento” deste aeródromo a partir do ano 2008. Con eses datos, recalcou, “dende logo era necesaria esa actuación” do Ministerio de Fomento.

20 de marzo de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.