O departamento de xuventude de Cangas organiza un taller de ideas cara o emprendemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza un taller en colaboración coa Rede Galega de Dinamización Xuvenil. O evento, que terá lugar o próximo 4 de abril ás 17.00 horas na Casa da Xuventude, ten como obxectivo de orientar aos participantes sobre cómo acollerse as diferentes liñas de axudas e sobre cómo elaborar os proxectos a presentar dentro do marco do programa ‘Iniciativa Xove’ ou outros similares enfocados a participación xuvenil.

O programa Iniciativa Xove é unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude que consiste nunha liña de axudas dirixidas a menores de 35 anos para o impulso de novas ideas, proxectos ou iniciativas que teñen incidencia no conxunto da sociedade. Pódese participar no programa a través de grupos formais como asociacións ou entidades legalmente constituídas ou informais de a lo menos 5 persoas. Os solicitantes deben desenvolver iniciativas que servan para fomentar a participación xuvenil a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar mediante proxectos integrais e específicos de actuación.

O prazo para inscribirse está aberto. Para participar no taller de ideas os interesados deberán apuntarse achegándose as dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude.  

21 de marzo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.