O departamento de Saúde ourensá organiza unhas xornadas sobre a repercusión da crise na saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense organiza as VI Xornadas de Familia “As familias na crise”. que se desenvolverán os días 8 e 9 de abril no Auditorio Municipal. Están dirixidas a nais, pais, profesores, educadores e estudiantes relacionados cos ámbitos da educación e a saúde, que poderán inscribirse ata o día 1 de abril na Concellería de Saúde, na rúa Concordia, 20, entrechán, teléfono 988510622. A inscrición é gratuíta.

As xornadas propoñen e pretenden analizar o sentido da repercusión da crise na saúde das familias, os cambios nos estilos de vida familiares e nos roles dos seus membros, obrigados pola adaptación ás novas esixencias do contexto socio económico actual e das perspectivas de futuro.

Profesionais de diferentes ámbitos analizarán ao longo de dúas xornadas, en horario de tarde, a través de conferencias, relatorios e mesas de debate temas como:

– As familias na crise. A crise aféctanos a todos?

– A violencia intrafamiliar en tempos de crise

– O empobrecemento familiar como consecuencia da crise

– As adicións tamén cambian coa crise?

– A familia como ámbito de solidariedade entre xeracións

– Colectivos máis vulnerables ante a crise

– A familia, fonte de satisfacción. Perspectivas de futuro

– Estratexias de apoio ás familias no Concello de Ourense

15 de marzo de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.