O departamento de obras de Ferrol acomete actuacións de aglomerado en Caranza, Esteiro e a zona centro
O servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias do Concello de Ferrol executou nos últimos cinco días máis dunha vintena de intervencións con aglomerado en diferentes rúas do municipio situadas nos barrios de Caranza, Esteiro e a zona Centro, principalmente. Dúas brigadas de operarios, que supoñen entre 12 e 14 persoas, traballan diariamente dende hai aproximadamente dúas semanas na mellora e conservación dos viarios e beirarrúas do municipio.
A Concellería de Medio Ambiente e Servizos, que dirixe Borja Carro Muñoz, intensificou coa mellora das condicións meteorolóxicas as tarefas de mantemento de pavimentos e rúas, das que se ocupa a empresa Misturas S.A como adxudicataria deste servizo municipal. Así, as cousas os sitios concretos en que se fixeron actuacións de aglomerado foron:
-Entre o luns e o martes (días 17 e 18 de marzo): rúas Fernando VI, Velázquez; Instituto, Zurbarán; e avenidas de Copostela, do Rei e de Vigo; así como na estrada de Castela e no acceso á Estación de Autobuses.
-Mércores 19: Rúas Colón e José Fontenla Leal; e avenidas de Vigo e Bazán.
-Xoves e venres (días 20 e 21): Rúas Juan de Austria e José Fontenla Leal; así como rúas 9 e 7, e Armada Española. Ademais de avenida de Bazán e estrada da Trincheira.
Xunto a estas intervencións, e de maneira paralela, acometéronse traballos de reparación de beirarrúas nas rúas Carme,.Codesal, Venezuela, estrada de Catabois e praza de Ultramar











