O departamento de Educación de Cambre organiza obradoiros de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Comezan os Obradoiros de Semana Santa 2014 organizados polo Concello de Cambre para nenos e nenas do 2º ciclo de Ed. Infantil, Primaria e 1º da ESO. A concellería de Educación organizará obradoiros educativos no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre durante Semana Santa, co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Hoxe, día 19, ábrese o prazo para preinscribirse nos talleres, que finaliza o 29 de marzo. Para apuntarse, hai que encher unha solicitude que se pode recoller na concellería de Educación, nos propios centros escolares seleccionados, así como na páxina web do Concello (cambre.es). As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeneral do Concello. Se houbera máis solicitudes que prazas haberá sorteo o día 2 de abril nas dependencias do Departamento de Educación do Concello de Cambre ás 10 horas.

Para saber se o solicitante está admitido deberase chamar ao número de teléfono 981 613 291, a partir do día 3 de abril de 2014. O programa pretende facilitar actividade aos nenos durante as vacacións. “Preténdese apostar pola formación integral do alumnado o mesmo tempo que supón una axuda para os pais traballadores. Propóñense unha variedade de actividades individuais e colectivas, físicas, e creativas, que fomenten o compañerismo  e a solidardade para o uso do tempo de lecer”, sinala a concejala de Educación, María Jesús González Roel.

Datas: Días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2014.

Idades: Alumnado de 2º ciclo de E. Infantil, toda E. Primaria e 1º da ESO.

Lugar: CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Prazo de inscrición: Do 19 ao 29 de marzo de 2014.

Entregar a solicitude de inscrición que achegamos, en calquera dos Rexistros de Entrada do Concello de Cambre.

19 de marzo de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.