O departamento de cultura de Carral organiza unha visita á Mostra do Encaixe de Camariñas
A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o sábado 19 de abril unha excursión ás localidades de Camariñas e Buño (Malpica) para coñecer e gozar das últimas creacións feitas no mundo do encaixe, e cales son os procesos artesanais que aínda se empregan en Buño para elaborar as fermosas pezas de cerámica que lles dan fama a esta localidade da Costa da Morte.
A viaxe ten un custo para cada participante de 27 euros que inclúe o autocar, a xantar, a entrada á Mostra do Encaixe con dereito a presenciar o desfile e o acceso ao Ecomuseo do Forno do Fonte en Buño.
As persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do 9 de abril.











