O custo de explotación da nova potabilizadora de Monforte tratarase nunha xunta de portavoces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde, Severino Rodríguez, convocou unha Xunta de Portavoces que se celebrará na Casa do Concello ás 11:00 h. de mañá mércores día 19 de marzo.

O asunto que tratará o alcalde cos portavoces municipais, Julia Rodríguez (PP), José Tomé (PSOE) e Mª Xosé Vega (BNG), será o do custo de explotación da nova potabilizadora.

Severino Rodríguez informará ós voceiros dos grupos políticos que conforman a Corporación sobre as conversas que mantivo coa empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga en relación a esta cuestión, e dará a coñecer a proposta realizada polo Concello.

A nova infraestrutura coa que conta Monforte para garantir auga de calidade durante moitos anos é máis grande que a antiga potabilizadora, realiza procesos de tratamento moito máis complexos e avanzados, e consume unha maior cantidade de enerxía eléctrica. Por todo isto, o custo de mantemento desta instalación é superior ó que o Concello viña pagando ata o de agora.

O incremento do prezo do custo de explotación non repercutirá nos recibos que pagan os cidadáns polo servizo de abastecemento de auga.

18 de marzo de 2014 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.