publicidade hoxe

O CPI Pontecesures acolleu unha charla sobre os riscos das novas tecnoloxías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Os alumnos de secundaria do CPI Pontecesures, recibiron unha charla da Garda Civil sobre os perigos do ciberacoso en Internet e a través das novas tecnoloxías. Esta actividade formativa enmárcase dentro do chamado “Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar”, desenvolvido pola Guardia Civil.

A xornada, impartida por un especialista da brigada de delitos telemáticos do Instituto Armado, ofreceu consellos sobre cómo facer un uso responsable de internet. Durante a sesión os alumnos comprobaron a importancia de prestar atención á información que se comparte nas redes sociais e navegar na rede de xeito seguro. 

Repasáronse os problemas máis frecuentes neste ámbito, como as relación con descoñecidos e as súas posibles consecuencias, a través de redes sociais e o acoso que se pode sufrir entre menores, empregando os recursos tecnolóxicos dos móviles con cámara e internet.

7 de marzo de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.