O corredor Joaquín Dobarrio vence o IV Mini-Trail ‘Pozo do Demo’
Máis de 800 persoas participaron activamente na cuarta edición da proba popular deportiva de “Pozo do Demo” organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Verín e pola Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas.
A tregua meteorolóxica que ofreceu Verín durante esa mañá animou a gran cantidade de deportistas populares a facer efectivas as súas prescricións dos días anteriores e a participar na andaina de 20,8 quilómetros, carreiras escolares e o Mini-Trail de 12.150 metros de lonxitude.
Joaquín Dobarrio, corredor local, venceu a proba do Mini-Trail nun tempo de 51 minutos e 34 segundos, e impoñerse ao gran favorito Xosé Manuel Casado (atleta do Vía XVIII de Maceda) ao que descolgou nas primeiras ramplas do trazado cunha vantaxe que oscilou en torno aos dous minutos e que foi regulando durante o resto da proba. En categoría feminina, Blanca Labandeira (Club Triatlón Mar de Vigo) resultou vencedora cun tempo de 1 hora 10 minutos e 17 segundos.
Pero a xornada ofreceu máis resultados deportivos. Nas 8 carreiras escolares que se disputaron entre as 10 e as 11 da mañá, batéronse 4 marcas das probas. Así, Xoel Gago venceu na proba benxamín (700 m) con 02 min e 31 segundos, baixando a marca anterior 12 segundos. Despois serían Anxo Losada (EDC Verín Atletismo) e Adriana García (Colexio Mª Inmaculada) os que bateran as mellores marcas en categoría cría, con 04 min e 22 segundos e 04 min e 49 segundos. Por último, Fiz Losada (EDC Verín Atletismo), durante a proba infantil de 2 quilómetros igualaría a mellor marca de 7 min 14 s que compartirá coa realizada con José Carlos Castro na edición de 2012.
O resto de gañadores foron:
– Benxamín Feminino: Xiana Fidalgo (Barbadás), 02 minutos e 54 segundos.
– Infantil Feminino: Miriam Cerdeiriña (EDC Verín Atletismo), 08 minutos 42 segundos.
– Cadete Masculino: Javier Domínguez (Castro Baronceli), 07 minutos e 13 segundos.
– Cadete Feminino: Aída Martínez (C. Atletismo Tui), 07 minutos e 33 segundos.











