O Copacabana e o Rodeira B triunfan no I Torneo da liga de Kaiak Polo en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrol
A-
A+
I Torneo Kaiak Polo en Ferrol

I Torneo Kaiak Polo en Ferrol

O Copacabana e o Rodeira B foron os triunfadores do I Torneo da liga de Kaiak Polo que se disputou en Ferrol. Cunha notable presenza de equipos, en maior cantidade que en edicións anteriores, os partidos resultaron emocionantes e igualados. O Copacabana impúxose na categoría feminina e o Rodeira B na masculina. Os encontros disputáronse o domingo.

Durante a mañá disputaríanse a fase de grupos en categoría masculina e feminina sub 21. En categoría feminina e Sub21 disputáronse os partidos entre os integrantes do Copacabana Sub21 e o C.P. Penedo A e B feminino. Tras varios momentos emocionantes nos partidos disputados finalmente situáronse na final da categoría o Penedo B e o Copacabana Sub21. Tras un comezo igualado pronto se puido ver unha clara diferenza no marcador baseada sobre todo nunha maior fluidez no xogo por parte do Copacabana Sub21, club este último que se alzaría co torneo tras vencer por un contundente 11-0.

En categoría masculina houbo unha gran disputa nos dous grupos de competición por conseguir as primeiras prazas que finalmente serían para o R.C.N. Rodeira B e o Club P. Copacabana A en o Grupo A e para o C. N. Umia e o R.C.N. Rodeira C no Grupo B.

Xa pola tarde xogouse a fase de cruces disputándose nun primeiro momento os partidos polos postos do 5 º ao 8º. Foi emocionante o partido entre C.P. Xuvenil das Pontes e C.N. Arcos de Valdevez que terminaría cun resultado de 5-5 e que tras dous tempos de prórroga a gol de ouro terminaría decidíndose na quenda de penaltis por 8-6 para os Arcos de Valdevez. No outro partido de cruces o Combarro A vencería ao Copacabana B en partido moi disputado que se decantaría na segunda parte para o primeiro tras unha serie de imprecisións en ambos os equipos.

Xa en semifinais, o Umia enfrontaríase ao Copacabana A en vibrante partido que se decidiría na segunda parte tras un excelente xogo de ataque do conxunto local terminando cun resultado de 2 a 5.

Na outra semifinal enfrontaríanse os equipos do Rodeira B e C, vencendo o primeiro grazas a un xogo equilibrado baseado nunha boa defensa.

Estes encontros darían lugar a unha final entre Copacabana A e Rodeira B. Tras un emocionante partido no que comezaría gañando o Copacabana e igualaríase en varias ocasións durante a primeira metade, finalmente decantaríase ao lado do Rodeira terminando cun resultado de 2 a 4.

19 de marzo de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.