O Conto viaxeiro de Santiago continúa cos rapaces do Raíña Fabiola
A concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, comprobou como os máis pequenos seguen a traballar na construción dunha historia colectiva na que se pon en valor o patrimonio natural e cultural do uso da lingua galega. Despois de ser inaugurado polos rapaces do Apóstolo Santiago, o Conto viaxeiro continúa sendo construído e relatado polos nenos e nenas de terceiro curso de educación primaria do CEIP Raiña Fabiola.
Os participantes elaboran en cada xornada un anaco da historia, e o mesmo tempo, continúan coa creación da súa ilustración para, ao final, ter un conto e un vídeo-conto que se vai publicar en dixital e en papel.
Esta iniciativa nace co obxetivo de achegar aos nenos e nenas á lingua e ofrecerlles argumentos positivos para o seu uso a través da participación na construción deste conto.
As sesións van a continuar no Pío XII o martes; en Roxos o mércores e no Rodríguez Xixirei o venres. De todas as sesións se vai dando conta no blog do proxecto: www.contoviaxeiro.santiagodecompostela.org











