O consello sectorial de benestar social de Cambre abre prazo de inscrición o 31 de marzo
O Concello de Cambre abre o prazo ata o día 31 de marzo para que as asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais que teñan a súa actividade principal no sector do Benestar Social, manifesten mediante acordo asembleario a súa vontade de formar parte do Consello Sectorial de Benestar Social. Asemade, e tamén ata o 31 de marzo de 2014, calquera persoa maior de 18 anos que manifeste interese na materia do Consello Sectorial de Benestar Social poderá solicitar a súa participación a través dos Rexistros de entrada municipais ou enviando un e-mail a participacioncidada@cambre.org, motivando o seu interese en participar e achegando o nome e apelidos, enderezo, data de nacemento, DNI e número de teléfono de contacto.











