O consello escolar do Calvo Sotelo vota en contra da nova Galiña Azul do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Consello Escolar do CEIP Calvo Sotelo, reuniuse na tarde de hoxe para votar sobre a localización proposta polo Concello de Carballiño, para a construción da segunda Galiña Azul.

O resultado foi apertado pois das 14 persoas que teñen dereito a voto o resultado foi de 3 votos en branco, 5 que dixeron si ao proxecto e 6 que dixeron que non, polo que se pode afirmar que ao consello escolar non lle interesa que se sitúe esta segunda galiña azul en parte do patio do centro existente na Avda. Do Balneario.

O proxecto de segregación conta co beneplácito da Delegación territorial de Educación, pois cumpre con todos os requisitos suficientes de viabilidade en cumprimento da superficie coa que quedaría o actual centro educativo existente.

Esta localización, foi a seleccionada polo Consorcio de Benestar Social, como a idónea dentro do centro urbano do Carballiño.

Por parte do Concello, unha vez consultado ao consello escolar sobre este asunto, e tendo en conta que non é vinculante para a toma de decisión, espera que a Delegación acepte a solicitude de segregación e cesión dos algo máis 500 m2 que se necesitan para a construción da galiña azul que daría entrada a 44 nenos, para o que xa hai demanda.

Desde o Concello se aposta por esta localización, por estar á beira do propio colexio, pois o neno que empezo con 0 anos na galiña, podería estas até os 6 anos na mesma zona recibindo a educación infantil, o que axuda a establecer poboación.

13 de marzo de 2014 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.