O Concello do Carballiño aspira a converterse en “Cidade Intelixente” a través do Eixo Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

A vila do Carballiño será unha das 14 cidades de Galicia que forme parte do proxecto de cidade intelixente proposto desde o Eixo Atlántico, e que tivo un primeiro paso na reunión mantida esta semana en Lalín, á que asistiron os alcaldes das cidades e vilas interesadas nesta nova forma de xestión global dos municipios.

Este proxecto  ten como obxectivo principal facer cidades intelixentes e eficaces a través do desenvolvemento de programas encamiñados á eficiencia enerxética, a mellora da administración electrónica e sistemas eficaces para a industria, o comercio, para a prevención de incendios, entre outras moitas posibilidades que se abren a través dese proxecto.

Que é unha cidade intelixente?, é  aquela cidade que usa as tecnoloxías da información e as comunicacións para facer que tanto a súa infraestrutura crítica, como os seus compoñentes e servizos públicos ofrecidos sexan máis interactivos, eficientes e os cidadáns poidan ser máis conscientes deles.  É unha cidade comprometida coa súa contorna, tanto desde o punto de vista ambiental como no relativo aos elementos culturais e históricos.

O alcalde do Carballiño sinalaba como un gran paso o integrarse nesta rede de cidades intelixentes “xa que nestes momentos non se pode concibir a xestión municipal sen contar coas novas tecnoloxías , e ao mesmo tempo sen contar coa participación directa dos propios veciños. Cuestións estas que se unirían no proxecto do Eixo Atlántico”.

 

21 de marzo de 2014 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.