O Concello de Vilagarcía recibe preto de medio cento de solicitudes de regularización de terrazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Unha vez concluído o prazo establecido o prazo de quince días establecido polo Concello despois da recepción da circular da Alcaldía, arredor de medio cento de establecementos hostaleiros presentaron a súa solicitude de regularización de terrazas, que normalmente inclúen a instalación de toldos. Ao tempo, a policía local está a rematar os seus respectivos informes.

Unha vez reunida toda a documentación e analizadas cada unha das propostas, tendo en conta os dictames das inspeccións realizadas, o goberno local reunirá á comisión técnica para tomar unha decisión sobre o modelo a seguir en cada unha das zonas. Mentres non conclúa esa análise de cada caso non se pode establecer cando se reunirá esa comisión, na que como se sabe participan, ademais do goberno local, os técnicos do Concello e representantes da Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas, Ahituvi.

26 de marzo de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.